Parque da Alameda – páxina 7

PASEO DA FERRADURA

Inicio » Guías » GUÍAS DE SANTIAGO » Parque da Alameda 7

3. Paseo da ferradura

Chámase así porque ten forma de ferradura.

O paseo ten varios tramos.

O tramo Oeste é o máis famoso.

Os paseos máis coñecidos son: O paseo dos Leóns e o Paseo das Letras Galegas.

O paseo dos Leóns

Ten un paseo entre dúas filas de carballos.

Dende el vese a catedral e a zona monumental de Santiago.

Ten bancos e miradoiros.

Hai unha escultura do escritor Ramón María del Valle Inclán.

Está sentada nun banco.

O paseo das Letras Galegas

Está ao lado do Campus Universitario.

Hai unha escaleira de pedra para ir ó Campus Universitario.

Ten diferentes árbores. Por exemplo, magnolias, palmeiras, abetos…

Hai unha escultura da escritora Rosalía de Castro. É do século 19.