Parque da Alameda – páxina 4

PASEO DA ALAMEDA

Inicio » Guías » GUÍAS DE SANTIAGO » Parque da Alameda 4

1. O Paseo da Alameda

É a zona máis antiga do parque. É do século 16.

Está dividido en tres espazos.

No paseo central hay camelias, tilos e plátanos.

No quiosco da música hai concertos da banda de música municipal.

Tamén hai bancos de pedra e ferro. Son do século 19.

O banco máis famoso é o banco sonoro.

Banco Sonoro

Tamén se chama banco acústico ou banco dos namorados.

Ten forma de semicírculo. Está feito cunha pedra que se chama granito.

Chámase banco sonoro porque transmite os sons moi ben.

Isto é así pola forma semicircular do banco e a orientación.

No pasado as parellas de namorados non podían sentar xuntos.

No banco sonoro podían sentar nos extremos do banco e escoitarse.

VERSIÓN MÓVIL