Patrimonio Relixioso Lalín 4

CRUCEIRO DE LALÍN DE ARRIBA

Inicio » Guías » GUÍAS DE LALÍN » Patrimonio Relixioso Lalín 4

O Cruceiro de Lalín de Arriba é do século 17.

É o cruceiro máis antigo de Lalín.

Un cruceiro é un monumento relixioso.

Un cruceiro ten tres partes:

1. Unha cruz de pedra na parte superior.

2. Unha columna.

3. Unha base. Tamén se chama plataforma.

Os cruceiros están en lugares públicos.

Por exemplo, en camiños, encrucilladas e igrexas.

Ten unha plataforma con tres chanzos.

A cruz ten dúas figuras.

Por diante ten a figura de Cristo.

Por detrás ten a figura da Virxe.

O Cruceiro de Lalín de Arriba recibe ós peregrinos que chegan polo Camiño de Inverno.