GUÍAS ACCESIBLES DOS
CAMIÑOS DE SANTIAGO

PRETO DE TI

Premendo no mapa atoparás as guías accesibles dos lugares que tes preto de ti.

Nesta páxina web atoparás

Guías accesibles dos pobos do Camiño.

Como proxecto incial, dende Galicia Accesible propuxémonos impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño, pictografiando o patrimonio material e inmaterial de tres dos seus pobos. Desta forma conseguimos achegar ás persoas con diversidade funcional unha das riquezas culturais, humanas e de ocio máis importantes de Galicia.
O obxectivo final deste proxecto é conseguir un Camiño de Santiago inclusivo para todas as persoas con diversidade funcional, facendo especial fincapé nas persoas con TEA (autismo).

Accesibilidade Cognitiva:

A Accesibilidade Cognitiva garante que todas as persoas poidan acceder e gozar dos entornos e recursos de forma autónoma, eficiente, segura e en igualdade de oportunidades.
As medidas de Accesibilidade Cognitiva benefician a tódalas persoas, pero son indispensables para aquelas con dificultades na comprensión, como persoas con TEA, persoas con diversidade funcional, persoas con baixas competencias de lectoescritura ou persoas que non dominen o idioma.

Visita a páxina da Confederación Autismo España para saber máis sobre accesibilidad cognitiva

Servizo de Accesibilidade Cognitiva

Federación Autismo Galicia

Moita máis información sobre Accesibilidade Cognitiva e sobre proxectos de accesibilidade en Galicia na web de Accesibilidade Cognitiva da Federación Autismo Galicia.

Súmate a Galicia Accesible

Se como a nós che entusiasma a idea de lograr un Camiño Inclusivo e queres que o teu concello forme parte desta rede, fai clic no botón e déixanos os teus datos.

Así nace o proxecto Galicia Accesible

Detrás deste proxecto hai un gran equipo de profesionais dos distintos centros e servizos de Aspanaes Santiago: do Servizo de Atención Diurna de Villestro, Raúl Crespo, Silvia Eiroa, Ana Nieves, Patricia Torres e Roslyn Redondo. Do Cole de Educación Especial, Lucía Hernández. Do Servizo de Habilidades Sociais, Ana Lamas. E dos Servizos Centrais de Aspanaes, Sara Piñeiro.